[07/05/2007]/O Pontevedra CF confirmou os horarios dos encontros das dúas vindeiras xornadas. O domingo 13 de Maio, os granates xogarán a domicilio ante o Cobeña, no que será a primeira defensa do liderato unha vez recuperado. O encontro ante os madrileños xogaráse no Municipal La Dehesa a partir das 11.30 horas.
No que respecta á 37 xornada de Liga, o Pontevedra xogará o seu último encontro como local en Pasarón en Liga ante o Pájara, o domingo 20 de Maio ás 18 horas.
No que respecta ao partido da derradeira xornada, ante o Orientación Marítima en terras canarias, está pendente de se algún dos dous equipos se xogará algo. Se é así, o encontro se xogará seguramente pola tarde na Cidade Deportiva de Arrecife.