[07/05/2007]/Coa victoria deste domingo ante o Raio, o Pontevedra é equipo virtual do play off. A falta de tres xornadas, os granates teñen nove puntos máis co Racing de Ferrol e o Talavera, quinto e sexto clasificado respectivamente. A pesar de que aínda lle falta un punto, o cadro de Javi Gracia gáñalle o golaveraxe aos ferroláns e teñen unha mellor diferencia de goles cos talaveranos (30 goles de diferencia para os granates por 4 dos manchegos).
Deste xeito, o Pontevedra é o primeiro equipo en ter garantida a súa presencia nos play offs de ascenso que se disputarán no mes de Xuño.