08 - 05 - 2007
[08/05/2007]/Alfredo Santaelena terá varias baixas por sanción para o encontro que o Cobeña xogará o domingo ante o Pontevedra. O adestrador do cadro madrileño non poderá contar con Aristizábal nin con Toñín contra os granates, xa que ámbolos dous xogadores foron expulsados o pasado sábado ante o Celta B. Amais, Tomillo deberá cumprir outro partido de sanción, xa que foi castigado con dous encontros pola expulsión que sufríu ante o Atlético de Madrid B, no derradeiro encontro que xogou o Cobeña na casa, e no que caíu derrotado con contundencia, por 0-5.
Polo tanto, Alfredo deberá facer trocos no once para o choque ante o Pontevedra, no que buscará un resultado que lle permita seguir soñando coa permanencia na categoría de bronce.
Nova engadida por JBA @ 1:02  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións