[08/05/2007]/O Pontevedra CF enviará alegacións para recurrir o segundo cartón amarelo que viu Charles contra o Raio Vallecano, xa que entende que foi inxustamente expulsado.
O futbolista brasileño así o entende tamén; cre que o árbitro non estivo acertado nesa xogada e agarda que o Comité de Competición lle retire a segunda tarxeta para que poida xogar o domingo ante o Cobeña. "La mia, creo que el arbitro se ha equivocado; fui al balon como siempre voy, entré duro y me expulsaron".
Satisfeito tras conseguir o liderato ante o Raio, agora Charles sabe que o equipo ten que seguir na mesma líña para poder acabar a Liga no máis alto da táboa. "Contento aunque el trabajo no esta hecho todavia. Quedan tres partidos y hay que asegurar la primera plaza que es muy importante. Seguro que si jugamos asi como jugamos el domingo, seguro que vamos a estar de lideres al final del campeonato".
Tralos empates ante o Universidade e o Puertollano, a victoria ante o Raio servíu para poder vencer por fin a un rival directo, algo que preocupaba na afección. "La gente hablaba eso pero nosotros sabiamos que no era asi", explica Charles. "Siempre fuimos superiores en casa ante los rivales de arriba. Ante el Rayo fuimos superiores del primer al ultimo minuto y ganamos el partido", sentencia o brasileño, que o mércores saberá se finalmente pode xogar a vindeira xornada.