[09/05/2007]/No día do regreso ao traballo dos xogadores do Pontevedra CF, que traballaron esta mañan sobre o céspede do Príncipe Felipe, a atención estivo centrada en Charles, que ao longo deste mércores podería saber se finalmente pode xogar o domingo ante o Cobeña. O brasileño, que está pendente de se o Comité lle retira a segunda amarela que viu ante o Raio, confía en que as alegacións enviadas polo clube para recurrir ese cartón amarelo surxa efecto. "El Pontevedra ha recurrido y creo que en cuanto vean las imagenes van a ver que no he hecho nada". Ademáis, Charles tamén quixo falar do encontro do domingo ante o Cobeña. O brasileño afirma que será un partido complicado xa que o cadro madrileño xógase a maior parte das súas opcións de permanecer na categoría. "Si pierden con nosotros creo que descenderán", afirmou o futbolista granate, que cre que este é o encontro "más dificil que nos queda" dos tres que lle restan por xogar ao Pontevedra.