10 - 05 - 2007
[10/05/2007]/O Comité de Competición castigou cun partido de sanción a Charles pola expulsión que sufríu o futbolista brasileño o pasado domingo ante o Raio Vallecano. As alegacións enviadas polo Pontevedra non surxiron efecto e Javi Gracia non poderá contar co extremo dereito para o encontro ante o Cobeña da vindeira fin de semana.
Amais de Charles, Yuri tamén foi sancionado cun partido polo mesmo motivo, a expulsión por doble amarela ante o Raio Vallecano. En menos de dez minutos, os curmáns enfilaron o camiño de vestiarios tras sendas faltas.
Deste xeito, Gracia deberá facer modificacións no once ante a ausencia dos dous máximos goleadores do equipo nesta tempada.
Nova engadida por JBA @ 0:54  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións