10 - 05 - 2007
[10/05/2007]/Tras conseguir superar ao Raio Vallecano o pasado domingo e alzarse á primeira posición da táboa clasificatoria, o Pontevedra buscará este domingo ante o Cobeña unha nova victoria que lle permita manter o liderato. A pesar de que o plantel quere ir paso a paso, sabe que o feito de quedar de primeiros podería evitar un cruce nos play offs con rivais de entidade como o Córdoba.
O capitán do equipo, Alejandro Vázquez, agarda que o equipo poida facer un último esforzo nesta recta final para poder manter o liderato tras varias semanas loitando por conseguilo. "Hemos trabajado bastante duro durante toda la temporada y ahora estamos en una situacion muy buena con dos puntos de ventaja sobre el segundo, pero todavia quedan nueve puntos en juego y ahora hay que pensar en el Cobeña, que son los primeros 3 puntos, para mantener esa ventaja o aumentarla".
Coa mirada posta tamén ao play off de ascenso, Vázquez segue con atención que acontece nos outros grupos da Segunda B, aínda que non lle ten medo a ningún deles, consciente do potencial que atesora o Pontevedra. O asturiano afirma que hai "equipos potentes como puede ser el Cordoba: un equipo grande que quiere volver a Segunda Division, economicamente muy fuerte, deportivamente tambien y bueno, son todos dificiles pero el Cordoba, el Eibar anda bastante bien... son complicados. Hay equipos complicados pero lo importante somos nosotros".
Tras ganar fai pouco a súa segunda Copa Federación, agora Vázquez buscará reeditar o ascenso á Segunda División conseguido fai tres anos co conxunto granate.
Nova engadida por JBA @ 1:17  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións