[11/05/2007]/O Pontevedra CF segue preparando o encontro do domingo ante o Cobeña. Ante as baixas por sanción de Charles e Yuri, Javi Gracia deberá facer modificacións no once. Un das principais novidades na formación inicial para o partido deste domingo podería ser a entrada de Baptiste no ataque. Tras barallar a opción de saír do equipo no mercado invernal, agora a situación do francés trocou, sobre todo co cambio de adestrador. Baptiste afirma sentirse "muchisimo mejor que al principio de temporada y que casi toda la temporada, por que sé que estoy trabajando para algo y cuento con más apoyo con este míster. Puedo demostrar lo que se hacer y para un jugador lo más importante es jugar y con Argibay no tenía estas oportunidades que yo pienso que me merecía por el trabajo que hice".
Despois de moito tempo agardando por unha oportunidade dende o inicio, parece que esta chegará esta fin de semana no encontro contra o Cobeña. Un partido no que o Pontevedra CF tentará sacar algo positivo para poder seguir mantendo o liderato, algo que, tal e como apunta Baptiste e todo o vestiario granate, é o principal obxectivo na Liga. "No vamos a mentir. Queremos ser líderes y quedar primeros, sobre todo para tener la posibilidad de jugar el partido de vuelta de la fase en casa, que es algo muy importante, y para ser campeones".
A falta de tres xornadas para o remate do campionato da regularidade, o Pontevedra avantaxa en dous puntos ao Raio, polo que debería facer 7 puntos para non depender do que faga o conxunto franxivermello, na loita por acadar a primeira plaza do Grupo I.