11 - 05 - 2007
[11/05/2007]/Os xogadores do Pontevedra CF adestraron esta mañan nas instalacións do Principe Felipe para seguir preparando o encontro do domingo ante o Cobeña. Unha sesión de traballo na que o cadro granate ensaiou as xogadas de estratexia.
Á finalización do adestramento, Javi Gracia facilitou a lista de convocados para o partido do domingo, que está formada por dezaséis futbolistas: Bonis, Saizar, Asier Ormazábal, Baggio, Dumast, Vázquez, Azparren, Filipe Machado, Organista, Fran Rico, Nasser, Victor Ormazábal, Rubén Reyes, Baptiste, Igor e Tiago Belmonte.
Quedaron fóra da mesma os sancionados Charles e Yuri, así como Humberto e Luciano. A expedición granate emprenderá este sábado pola mañan a viaxe cara terras madrileñas, despois de realizar a derradeira sesión de adestramento da semana en Pasarón.
Nova engadida por JBA @ 15:13  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións