[12/05/2007]/O CD Cobeña afronta o encontro deste domingo contra o Pontevedra CF como unha verdadeira final. O cadro madrileño está na obriga de sumar unha victoria ante os granates se non quere asinar a súa sentencia de morte na categoría de bronce. E é que tras un bo comezo de liga, o equipo que dirixe Alfredo Santaelena foise diluíndo co paso das xornadas. A mala segunda volta que está realizando provocou que agora ocupe un dos postos de descenso directo. Cun balance de só 3 victorias (todas na casa), 6 empates e 7 derrotas, agora o equipo de La Dehesa tentará apurar as súas opcións de permanencia nas derradeiras tres xornadas, nas que recibirá na casa ao Pontevedra e Universidade, que se xogan o liderato e o play off de ascenso, respectivamente; mentras que entre medias rendirá visita ao Lanzarote, que loita por certificar a súa presencia outro ano máis na 2ªB.