[12/05/2007]/O Pontevedra CF visita esta xornada ao Cobeña coa intención de lograr unha victoria que lle permita seguir no máis alto da clasficación. Tras facerse co primeiro posto despois de derrotar ao Raio Vallecano en Pasarón, agora os granates deberán rendir visita por última vez na tempada a terras madrileñas, lugar onde os números coseitados non invitan ao optimismo. Das visitas a Leganés, Alcorcón, Vallecas, Majadahonda, Fuenlabrada e San Sebastián de los Reyes (un total de 18 puntos), o Pontevedra só foi quen de lograr 4 puntos, resultantes da victoria pola mínima acadada en Butarque ante o CD Leganés e do empate conseguido en Santo Domingo ante o AD Alcorcón.
Este domingo o equipo que dirixe Javi Gracia buscará mellorar eses números ante o Cobeña, equipo que se xoga a permanencia na categoría. Consciente do que se xogan os madrileños, o Pontevedra CF viaxa con algunha que outra baixa salietable como a de Charles e Yuri, os dous máximos realizadores do equipo. Ante tal situación, todo fai indicar a que Javi Gracia botará mán de Baptiste para a dianteira, mentras que Organista entrará no mediocentro como acompañante de Fran Rico, desprazando a Victor Ormazábal á banda dereita. O resto do equipo permanecerá inalterable nun principio, xa que non se descarta algún outro troco no equipo como o regreso de Filipe Machado, que podería volver ao lateral esquerdo no lugar de Azparren, que acusou unhas molestias ao longo da semana.
No que respecta ao Cobeña, Alfredo Santaelena tamén conta con baixas para o encontro ante o Pontevedra. Tomillo, Toñín e Aristizábal non poderán vestirse de curto por sanción, polo que haberá trocos obrigados no once. Como ven sendo habitual nas derradeiras xornadas, o técnico dos madrileños podería volver a botar mán do filial. Mesmo a semana pasada en Balaídos ante o Celta B fixo debutar ao central Karpin, que uníuse así a Jose Mari e Juanito, futbolistas que xa actuarán con anterioridade co primeiro equipo. O posible once que forme o Cobeña ante os granates podería ser o formado por Basilio en portería; Ferrer, Lago, Carlos Alberto e Cordón na defensa; Javi Sánchez, Jerry, Hoyos e Ismael no centro do campo, e con Angel Castro e Rubiato como homes máis adiantados.
O Cobeña-Pontevedra disputaráse este domingo a partir das 11.30 horas e será dirixido polo colexiado andaluz Ramón Olmo Codes.