[15/05/2007]/Este domingo volverá un ex xogador do Pontevedra CF a Pasarón. Trátase de Raúl Aguilar, un dos integrantes do plantel granate que fai tres anos acadou o ascenso e que regresará este domingo co seu actual equipo, o Playas de Jandía, que loita por conseguir a permanencia na categoría.
O defensor toledano chegou ao cadro de Fuerteventura no mercado invernal cedido polo Burgos, equipo que non contou este ano cos seus servizos. Antes de chegar ao conxunto burgalés, Raúl Aguilar estivera enrolado ás filas do Huesca, equipo ao que chegou procedente do Pontevedra CF e que precisamente, podería ser un dos rivais granates nos play offs, igual co Burgos, que ten moitas opcións de repetir experiencia nas eliminatorias de ascenso como o conxunto pontevedrés.
Agora, como integrantes do Playas de Jandía volverá a Pasarón, onde apenas permanencen compañeiros daquela tempada. De feito, só o capitán Alejandro Vázquez permanece na plantilla pontevedresa dende o ascenso do 2004.