15 - 05 - 2007
[15/05/2007]/Case feitos os deberes (falta un punto para conseguir o liderato), o Pontevedra CF xa está máns á obra e prepárase para o momento clave da tempada, os play offs de ascenso. Co desexo de que non haxa baixas por sanción en ningún dos encontros das eliminatorias de ascenso, os futbolistas granates están limpándose de tarxetas para non chegar con perigo de perderse algún encontro por problemas cos cartóns.
Deste xeito, no partido deste domingo ante o Cobeña, tanto Asier Ormazábal como Victor e Filipe Machado viron o seu quinto cartón amarelo, que lles fará perderse o seguinte partido ante o Playas de Jandía.
Ao borde da sanción hai varios futbolistas, como Bonis, Luciano, Dumast, Vázquez e Igor, que seguramente busquen forzar unha tarxeta para cumplir ciclo no derradeiro encontro ante o Orientación Marítima.
No que respecta aos rivais, o corpo técnico está a estudar aos diferentes rivais dos outros grupos que poderían tocar nos play offs. Javi Gracia marchou trala finalización do partido ante o Cobeña, acompañado con Jesús Pérez e Javi Rico, para presenciar o partido entre o Burgos e o Oviedo. Por outra banda, Joao de Bastos non estivo co resto do equipo esta fin de semana co equipo, seguramente por que se atopaba espiando a algún dos posibles rivais do grupo catro, onde xogan os equipos andaluces.
Nova engadida por Desconocido @ 1:36  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións