[16/05/2007]/O adestrador do Plyas de Jandía, Roberto Aguirre, poderá contar con todo o plantel para afrontar o encontro do domingo ante o Pontevedra CF. A sorte está de cara para o cadro majorero, no que por terceira semana consecutiva non haberá baixas nin por sanción nin por lesión. Deste xeito, Roberto Aguirre poderá formar co seu once de gala en Pasarón, no que tentará sumar algún punto para achegar á salvación.
O balance dos canarios nas últimas xornadas non foi tan bo como esperaban, xa que dos últimos sete encontros só foron quen de lograr 8 puntos, merced a 5 empates e unha victoria, curiosamente en terras galegas. Isto acontecía fai mes e medio aproximadamente, cando o Pájara vencía a domicilio ao Lugo por 1-2. Este domingo, de volta a Galicia, o conxunto canario buscará volver á senda da victoria nunha praza complicada como é a do Pontevedra.