16 - 05 - 2007
[16/05/2007]/A directiva do Pontevedra CF decidiu facer unha rebaixa nos prezos das entradas para o encontro ante o Playas de Jandía para que o Estadio de Pasarón presente unha magnífica entrada coa intención de poder axudar ao equipo a conseguir o punto que necesita para lograr a primeira plaza da clasificación.
A entidade pontevedresa fixo públicos os prezos de ditas entradas, que poderán adquirirse dende este mércores ata o venres na sede do clube, en horario de 9.00 a 14.00h e de 17.00 a 20.00h. O día do partido, as entradas poderán retirarse nas taquillas do estadio dende unha hora e media antes do comezo do encontro.
Os prezos das entradas son os seguintes:

TRIBUNA: 12 Euros (Senior) | 8 Euros (Junior)
PREFERENCIA: 9 Euros | 4 Euros
GRADA: 6 Euros | 2 Euros
Nova engadida por JBA @ 1:45  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións