16 - 05 - 2007
[16/05/2007]/Sergio Organista foi un dos 29 xogadores que Jose Couceiro, seleccionador do combinado Sub-21 de Portugal, incluíu na preconvocatoria para o Europeo que se disputará en Holanda do 10 ao 23 de xuño.
O mediocentro do Pontevedra CF, non obstante, non saberá ata o vindeiro martes 22 de maio se finalmente entra na convocatoria final para disputar o campionato de Europa, xa que esa é a data fixada por Jose Couceiro para facer oficial con qué xogadores contará.
Agás sorpresa, Organista será un dos que viaxe coa selección lusa para xogar o próximo mes o Europeo, no que Portugal quedou encadrada no Grupo A con Bélxica, Israel e Holanda na fase de grupos.
Nova engadida por JBA @ 1:55  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións