17 - 05 - 2007
[17/05/2007]/Este domingo chegará ao Municipal de Pasarón un dos equipos clásicos da Segunda B. Fundado no ano 1996, o Playas de Jandía actuou na súa meirande parte na categoría de bronce. Tras competir no seu primeiro ano de historia na Terceira División e dar o salto de categoría, dende entón é un dos fixos cada tempada na Segunda B, na que logrou permanecer nos seus primeiros anos e pouco a pouco foi aspirando a cotas maiores. Logrou xogar o play off de ascenso na tempada 2003-2004, cando o Pontevedra CF logrou o ascenso á Segunda División. Naquela ocasión, o cadro majorero quedou emparellado co Celta B (que nada se xogaba por mor do descenso do primeiro equipo, algo que podería volver a repetirse este ano), coa Cultural Leonesa que agora dirixe Milo Abelleira, e co Lleida, equipo que finalmente lograría o ascenso.
Na súa décima tempada consecutiva na Segunda B, o Playas de Jandía loita por permanecer outro ano máis na categoría de bronce. Chegará a Pasarón coa obriga de sumar algo para depender de sí mesmo na derradeira xornada, na que se enfrontará ao Lanzarote, equipo que xa está prácticamente salvado a pesar de ocupar un dos postos de descenso durante a meirande parte do campionato.
Nova engadida por JBA @ 1:42  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións