17 - 05 - 2007
[17/05/2007]/O Comité de Competición confirmou este mércores o encontro de sanción que deberán cumprir Asier Ormazábal, Victor Ormazábal e Filipe Machado este domingo ante o Playas de Jandía. Os futbolistas granates estaban ao borde da sanción e a pasada xornada ante o Cobeña recibiron un cartón amarelo, polo que cumpren ciclo de amonestacións e o correspondente encontro de sanción.
Amais destas tres sancións, o Comité tamén confirmou o partido de sanción que deberá cumprir Nacho Aranguren, o fisioterapeuta do Pontevedra CF, que foi expulsado o pasado domingo ante o Cobeña polo andaluz Olmo Codes.
Isto provocou que o preparador físico do equipo, Jesús Pérez, tivera que facer as funcións de Nacho e atendeu aos xogadores que precisaron asistencia trala expulsión que sufríu o fisiterapeuta vasco.
Nova engadida por JBA @ 1:50  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións