[18/05/2007]/Finalmente Javi Gracia poderá botar mán de Filipe Machado para o encontro deste domingo ante o Pájara Playas de Jandía. A pesar de que nas contas do clube estaba que a tarxeta amarela que viu o lateral brasileño ante o Cobeña era a quinta, o Comité de Competición confirmou que Machado viu seis cartóns amarelos ao longo da tempada, pero que lle foron retirados dous deles, polo que agora si está ao borde da sanción.
Deste xeito, o zagueiro granate deberá forzar este domingo ante o Pájara o seu quinto cartón amarelo para non chegar con perigo de ser sancionado ao play off. Unha situación semellante á que se atopan outros compañeiros de equipo, como Bonis, Dumast, Vázquez, Luciano e Igor.