[18/05/2007]/Os xogadores do Pontevedra CF seguen preparando o encontro do domingo, no que se enfrontarán ao Playas de Jandía. Javi Gracia ten a todo o plantel dispoñible agás aos sancionados Victor e Asier Ormazábal. Polo tanto, o adestrador navarro estará obligado a facer alomenos dous trocos no once.
A principal novidade na formación inicial podería ser a volta de Luciano ao lateral dereito, toda vez que Asier terá que cumprir un partido de sanción. O defensa de Budiño sabe que é o principal candidato para suplir a baixa do vasco, pero prefire seguir adestrando ao máximo e opta por non facerse ilusións ata que reciba de palabras do propio Gracia que vai xogar de inicio. "Está claro que Asier está sancionado; en teoría o lateral que queda son eu pero bueno, hai máis xogadores que poden xogar aí e haberá que seguir traballando durante toda a semana para que ao final o míster confíe en mín e me poña a xogar o domingo".
Chegado ao Pontevedra CF procedente do Celta B, Luciano podería botar unha mán ao seu ex equipo, que loita por permanecer na categoría xunto con varios equipos, entre eles, o Playas de Jandía. De seguro que o porriñés fará todo o posible por axudar ao cadro granate a proclamarse campión, e indirectamente, tamén facerlle un favor aos seus ex compañeiros.