19 - 05 - 2007
[19/05/2007]/O adestrador do Pontevedra CF, Javi Gracia, quixo dar o seu punto de vista de cara ao encontro que o cadro granate disputará este domingo ante o Playas de Jandía e no que podería proclamarse campión de Liga. A pesar de que cun punto a primeira plaza xa estaría asegurada, o técnico navarro explica que os seus xogadores sairán a polos tres puntos para brindarlle unha victoria á afección no que será a despedida da Liga na casa. "Si, nuestro objetivo es tratar de hacer un buen partido en este último partido en casa en la Liga y tratar de conseguir la victoria, que nos supondría el liderato, el quedar campeones y el poder ofrecérselo a nuestra afición".
Ás portas dos play offs, unha das prácticas habituais dos equipos que xa están clasificados para esa fase é a de limpar de tarxetas aos xogadores para evitar riscos innecesarios. O Pontevedra non queda á marxe diso. Nestes intres, ata seis futbolistas do plantel están ao borde da sanción por acumulación de amonestacións, aínda que Javi Gracia non lle da moita importancia ao este feito. "Bueno, vamos a tratar de ganar el domingo y de llegar al play off en la mejor condición posible, de las mejores maneras posibles. Si algún jugador consigue la amonestación pues mira, descansará el próximo partido y llegará al play off limpio, pero tampoco es una obsesión, sino tratar sobre todo de centrarnos en ganar el partido", afirma o adestrador granate, que confía en que os seus xogadores co nivel amosado nas derradeiras xornadas, pois entender que é o mellor xeito para afrontar despois as eliminatorias de ascenso.
Nova engadida por JBA @ 14:29  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións