19 - 05 - 2007
[19/05/2007]/O Pontevedra CF realizou esta mañan a derradeira sesión de adestramento de cara ao encontro que disputará este domingo ante o Pájara. Javi Gracia aproveitou para traballar co que será o once que utilice ante os majoreros, e no que haberá varias modificacións, algunhas motivadas polas sancións e algunha outra, pola recuperación de efectivos.
O técnico navarro facilitou a lista de convocados, na que houbo poucas novedades. Quedaron fóra Asier e Victor por sanción, mentras que Tiago Belmonte e Humberto non entraron na convocatoria por decisión técnica. Unha convocatoria que está formada por 16 homes: Bonis, Saizar, Luciano, Baggio, Dumast, Vázquez, Azparren, Filipe Machado, Organista, Fran Rico, Nasser, Rubén Reyes, Charles, Baptiste, Yuri e Igor.
As principais novidades son a volta de Charles e Yuri, unha vez que cumpriron un encontro de sanción. Agás sorpresa, ámbolos dous recuperarán o seu sitio no once.
Nova engadida por JBA @ 14:34  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións