19 - 05 - 2007
[19/05/2007]/O Pontevedra CF ten nas súas máns conseguir o primeiro doblete da súa historia. Este domingo recibe ao Pájara Playas de Jandía e un empate serviría para que os granates celebrasen o seu segundo título da tempada, tras gañar fai apenas un mes a Copa Federación. Non obstante, no plantel pontevedrés non queren confianzas e agardan brindárlle unha victoria a afección de Pasarón, que se despide da Liga esta tempada, e agarda facelo tamén da Segunda B.
Javi Gracia recupera efectivos en ataque para este domingo. Volverán ao once inicial tanto Charles e Yuri, que regresan tras cumplir sanción. Tamén haberá algún troco na defensa como o obligado de Luciano polo sancionado Asier Ormazábal no lateral dereito. Ademáis, Gracia baralla a posibilidade de poñer a Machado no lateral esquerdo no lugar de Azparren. O resto do equipo será o mesmo que actuou nas derradeiras xornadas.
No Pájara non teñen tantos problemas co once inicial, senón que os problemas veñen nos resultados do equipo, que chega a Pasarón coa necesidade de puntuar para non pasalo moi mal na derradeira xornada de Liga. Roberto Aguirre ten a todo o plantel dispoñible e agarda poder sumar algo ante o Pontevedra CF, aínda que sabe da dificultade que iso supón.
Xa na primeira volta no partido que disputaron ámbolos dous conxuntos, o Pájara non logrou defender o gol inicial e o conxunto granate acabou derrotando aos canarios por 1-3 grazas a un gran partido de Rubén Reyes, autor de dous dos tres goles.
Nesta ocasión, o Playas de Jandía xógase máis que naquela ocasión, mentras que o Pontevedra CF chega cos deberes feitos. Este domingo a partir das 18 horas en Pasarón saberemos se finalmente é o conxunto granate o que celebra o campionato de Liga ou pola contra, son os majoreros os que celebran ter a permanencia na súa mán.
Nova engadida por JBA @ 18:07  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións