[20/05/2007]/O Pontevedra CF venceu esta tarde en Pasarón ao Playas de Jandía por 2-1 e proclamouse campión de Liga do Grupo I da Segunda B. A derrota do Raio ante o Uni pola mañan xa convertira aos granates en campións, pero o Pontevedra quixo facelo ao grande, vencendo ao Pájara. Os goles granates chegaron ao principio e ao final do choque. Yuri facía o 1-0 no minuto 3 tras unha xogada de Charles en banda dereita. O gol do empate sería obra de Toño, que faría que se chegase ao descanso con igualada no marcador. Pero cando parecía que o encontro remataría con empata a un tanto, Baptiste anotou un novo tanto importante, este no desconto, que lle daba a victoria ao Pontevedra CF.
Reaccións tralo encontro:
Gracia: «El Pájara mereció un punto por el partido que hizo»
Aguirre: «El Pontevedra te marca un gol en el despiste más pequeño»