[22/05/2007]/Ibrahim Baptiste volveu a darlle a victoria ao Pontevedra CF por segunda semana consecutiva. Tras anotar o tanto do equipo ante o Cobeña que lle deu os tres puntos, ante o Playas de Jandía anotou o 2-1 definitivo, desnivelando a balanza a prol do bando granate cando parecía que se chegaría ao final con empate no marcador. O francés mostrábase "contento por estos dos goles, pero más importante era la victoria en este caso. Estoy contento porque acabamos bien la liga aunque queda un partido".
Despois de ser decisivo nas dúas victorias do equipo, agora Baptiste quere seguir traballando para axudar ao equipo nesta recta final de tempada, ao mesmo tempo que agradece o apoio que lle deu Javi Gracia dende que chegou ao banquillo. "Como he dicho muchas veces, desde la llegada de este entrenador, me ha dado su confianza y bueno, yo creo que aunque quedan pocos partidos, yo me siento muchísimo mejor y con más confianza, cada vez más, y espero llegar a la fase de ascenso con otros golitos".
De cara ao derradeiro encontro de Liga, Baptite perfílase como titular ante o Orientación Marítima, toda vez que Gracia non poderá contar con varios xogadores, entre eles, Igor de Souza. Polo tanto, o francés terá a oportunidade de mellorar o seu rexistro goleador da pasada tempada, na que anotou dous tantos, os mesmos que leva no actual curso ligueiro.