23 - 05 - 2007
[23/05/2007]/O encontro que disputarán este domingo o Pontevedra CF e o Orientación Marítima será de mero trámite, xa que non estará nada en xogo por que está todo decidido para ámbolos dous conxuntos. Mentras os granates aseguraron a primeira praza, o Marítima descendeu matemáticamente fai dúas xornadas, cando caíu derrotado na casa ante o Atlético de Madrid B por 3-4.
Non obstante, a pesar de ser xa equipo da Terceira División, os integrantes do plantel canario queren despedir a Liga cunha victoria ante a súa afección, como así o indicaba o técnico do Marítima, Juan Antonio Machín, en declaracións á Axencia EFE. "Vamos a seguir de la misma manera en el último encuentro. Queremos ganarle al Pontevedra, pues sería una manera bonita de despedirnos de la categoría. El líder es es líder y nosotros pretendemos darle esa alegría a nuestros seguidores", afirmou o preparador conejero.
Non foron todo o ben que desexaban as cousas na entidade lanzaroteña, que no seu primeiro ano na Segunda B non puido aguantar a categoría. A pésima segunda volta que completou, con só tres encontros gañados pola mínima e na Cidade Deportiva ante rivais importantes como o Raio Vallecano ou o Puertollano, o Orientación Marítima volverá un ano despois á Terceira División.
Nova engadida por JBA @ 1:58  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións