23 - 05 - 2007
[23/05/2007]/Tras dous días de concentración no Hotel Carlos I de Sanxenxo con sesións de baño e masaxe, hidroterapia e no que tamén houbo tempo para o ocio, os futbolistas do Pontevedra CF regresarán este mércores aos adestramentos en Príncipe Felipe para comezar a preparar o encontro ante o Orientación Marítima e sobre todo, pensar xa no play off de ascenso que dará comezo na primeira fin de semana de xuño.
Coa satisfacción de non ter baixa algunha por lesión, Javi Gracia e o resto do plantel granate continuarán coa súa posta a punto de cara as eliminatorias de ascenso.
Nova engadida por JBA @ 2:01  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións