[23/05/2007]/Sergio Organista era este martes un dos xogadores máis ledos da plantilla do Pontevedra CF. O mediocentro granate recibía este martes unha boa nova, a convocatoria coa Sub-21 de Portugal para disputar o Europeo de Holanda. "He recibido la convocatoria para la Eurocopa, estoy en la lista de 23 jugadores y estoy contento, normal. Es un objetivo más para mí".
Con esta convocatoria, Organista ausentaráse durante o mes de xuño, polo que non poderá estar nos play offs de ascenso que disputará o Pontevedra CF, algo polo que o mediocentro luso laiouse. "También estoy un poco triste por que me gustaría jugar la fase de ascenso", explicaba.
O futbolista granate está citado xunto co resto dos seus compañeiros convocados para o luns 28 pola noite en Queijas, para comezar xa o martes 29 a preparación de cara o Europeo, e máis en concreto, no partido inaugural do 10 de Xuño ante Bélxica.