[23/05/2007]/A Federación Española de Fútbol modificou o horario dos sorteos dos play offs de ascenso para a Segunda División e a Segunda División B. Deste xeito, ditos sorteos terán lugar unha hora antes do anunciado a semana pasada. Os horarios definitivos son os seguintes: o sorteo para o play off de ascenso á Segunda serán o Luns 28 de Maio ás 16 horas, tendo lugar media hora máis tarde os sorteos dos play offs de ascenso á Segunda B.