[24/05/2007]/Debido as numerosas baixas que ten para afrontar o partido ante o Orientación Marítima, Javi Gracia terá que botar mán do filial para completar a convocatoria de cara ao encontro ante os canarios. O técnico navarro ten ata seis baixas por sanción, entre elas a do gardamallas titular, Nicolás Bonis, polo que parece segura a presencia de Revuelta na lista de convocados. Outros rapaces que teñen opcións de entrar na convocatoria son Jesús e Manu Rodríguez, no que, en caso de confirmarse, sería a súa estrea nunha lista de convocados na Liga co primeiro equipo. No regreso aos adestramentos da primeira plantilla do Pontevedra CF, unha das principais novidades foi a presencia de Roi, defensa do filial granate.
Ante as diferentes baixas que hai na líña defensiva, ata catro, as posibilidades de que viaxe algún canteirán para o encontro ante o Orientación Marítima aumentan considerablemente. Non osbtante, ata o venres ou como máis tardar o sábado, Javi Gracia non facilitará a convocatoria. Por diante aínda quedan as sesións de adestramentos deste xoves, o venres e o sábado.