[25/05/2007]/Unha das principais novidades que podería presentar Javi Gracia na formación inicial do encontro deste domingo ante o Orientación Marítima é a presencia de Roi no lateral esquerdo. As baixas por sanción de Vázquez e Filipe Machado, así como a de Jesús por lesión, deixan a Mikel Azparren como único defensa que pode actuar no costado esquerdo da zaga granate, de aí que Javi Gracia chamase a Roi para adestrar ao longo desta semana co primeiro equipo.
O canteirán está ilusionado ante a posibilidade de debutar co primeiro equipo, aínda que de momento non quere lanzar as campás ao voo. "Por supuesto que estoy contento. Es una oportunidad unica en mi vida por ahora, pero no se nada, hasta que me lo confirmen...".
O feito de que Javi Gracia lle chamase para adestrar coa primeira plantilla unido ás baixas que presenta o equipo para o encontro deste domingo fai que Roi albergue moitas esperanzas de disputar os seus primeiros minutos co primeiro equipo en competición oficial. "Espero que si, para eso estamos aqui. Ya que Jesus está sancionado y los demas están sancionados, puede ser que me toque esta vez".
Polo de pronto, o propio Javi Gracia xa anunciou que o máis seguro é que algún rapaz do filial viaxe este domingo co equipo. Roi e Revuelta son os que máis papeletas teñen para ser os elixidos.