25 - 05 - 2007
[25/05/2007]/Coa clasificación para os play offs no peto e a primeira plaza xa asegurada, Javi Gracia baralla a opción por darlle descanso a varios titulares e formar cun once inédito no encontro deste domingo ante o Orientación Marítima. Con seis xogadores sancionados, o técnico navarro estuda a posibilidade de xogar este domingo cos menos habituais. Segundo o visto nos adestramentos, homes como Rubén Reyes, Victor Ormazábal, Fran Rico ou Yuri, que nos últimos meses disputaron case tódolos minutos, deixarían os seus postos aos futbolistas do plantel que apenas disfrutaron de ocasións nos últimos encontros, como son os casos de Humberto, Nasser ou mesmo Tiago Belmonte, que ten moitas opcións de formar no ataque xunto a Baptiste.
Tras estar varios meses sen poder xogar debido a unha lesión, o dianteiro brasileño recibe cos brazos abertos esta oportunidade que se lle presenta xa que, como él mesmo explica, a pesar de que o equipo apenas se xoga nada, esta pode ser unha boa ocasión para que os xogadores con menos minutos se reivindiquen. "Tenemos muchas bajas por tarjetas, es un partido que para el club no vale mucho por que ya somos campeones, pero para muchos jugadores vale mucho y más para mi. Si me dan una oportunidad vale mucho; ojalá que el domingo esté en la partida", afirma o dianteiro granate.
No caso de que finalmente se confirme a súa presencia no once inicial granate, Tiago Belmonte estrearía titularidade. O brasileño disputou uns 77 minutos en toda a Liga, repartidos en 5 encontros nos que saíu dende a suplencia.
Nova engadida por JBA @ 1:28  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións