26 - 05 - 2007
[26/05/2007]/O Pontevedra xa está en Arrecife onde pechará este domingo pola mañan a tempada regular no encontro que disputará ante o Orientación Marítima. Tanto os granates como os canarios afrontan esta derradeira xornada de competición sen nada en xogo, xa que mentras os primeiros aseguraron a primeira plaza, os conejeros son penúltimos na clasificación e certificaron fai dúas xornadas o descenso á Terceira División. Na mente de ámbolos dous conxuntos está a de poder despedir a tempada cunha victoria.
O Pontevedra CF chega con diferentes baixas por sanción e coa atención posta no play off de ascenso que dará comezo en apenas unha semana. Mentras espera polo seu rival, Gracia darálle descanso aos teóricos titulares e brindarálle unha oportunidade aos xogadores que disputaron menos minutos la Liga. O probable once que forme o técnico granate podería ser o formado por Saizar baixo paos; con Asier Ormazábal, Baggio, Azparren e Roi en defensa; Charles, Organista, Humberto e Nasser estarían no centro do campo, sendo Baptiste e Tiago Belmonte os homes máis adiantados. Un once cheo de novidades e do que Gracia agarda moitas cousas, xa que entende que é unha formación totalmente competitiva.
Enfronte estará o Orientación Marítima, que agarda despedirse da Segunda B cunha victoria ante o líder para dedicárlla a súa afección, que ao longo da tempada apenas recibiu unha alegría do equipo. Pensando xa na vindeira tempada, os canarios chegan tamén con baixas, neste caso polas lesións. Machín non poderá contar con Rosmen, Maciot, Soto, Juan Ramón e Tato, mentras que recupera a Pedro Cruz, Pi e Vladimir tras sanción.
O posible once co que forme Machín podería ser o formado por Fran na portería; Kamara, Quique, Pi e Pedro Cruz en defensa; Nacho Castro, Vladimir, Francis Torres e Rubén Rodríguez no centro do campo, e Ito e Miguel no ataque.
O Orientación Marítima-Pontevedra se disputará este domingo a partir das 12.30 horas e será dirixido polo colexiado murciano Franciso José Gómez Liarte.
Nova engadida por JBA @ 17:05  | Actualidade
Opinións (0)  | Enviar
Opinións