[27/05/2007]/Orientación Marítima e Pontevedra CF empataron a un tanto no encontro que disputaron este domingo na Cidade Deportiva de Lanzarote. Nun encontro de mero trámite, os dous conxuntos tentaron ofrecer un bonito partido na despedida da tempada regular. O Pontevedra CF adiantouse no marcador pasada a media hora de xogo por mediación de Tiago Belmonte. O cadro conejero igualou o tanto dos granates na segunda parte, cando Ito anotaba unha pena máxima cometida sobre él mesmo
Ao final, 1-1 no marcador e o Pontevedra CF que se centra agora no play off de ascenso que comezará a vindeira fin de semana.
Reaccións tralo encontro:
Gracia: «Estoy muy satisfecho con la aportación de los no habituales»
Machín: «El Pontevedra es un gran equipo y eso le da más mérito al empate»